Moito máis que un espazo de traballo

No programa de Formación e Aceleración Empresarial Emprende Lab Barbanza, apoiamos aos emprendedores da comarca do Barbanza. Achegarémosche os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para dirixir e encamiñar ao éxito os teus proxectos empresariais.

O espazo coworking Lab Barbanza do Concello de Boiro é moito máis que un espazo de traballo colaborativo.

Nos proxectos que se están a desenvolver nas instalación do coworking Lab Barbanza, sitas no polígono industrial de Espiñeira estanse a incubar diferentes proxectos que o converten nun Centro de Formación multidisciplinar, as empresas e emprendedores teñen á súa disposición aulas de formación, aulas taller, salas de xuntas e outros espazos comúns nos que crear sinerxias.

Aposta polo emprego e o emprendemento

Na actualidade a formación e o emprego van da man e no espazo no que se alberga o Coworking Lab Barbanza lévanse a cabo actividades formativas en distintas modalidades que permiten manter contactos entre o eido formativo e o laboral.

O centro é unha aposta pola formación, o emprego e o emprendemento. Un espazo no que facilitar as relacións entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego.

As instalacións

O coworking Lab Barbanza, conta con capacidade para 20 coworkers.

As instalacións contan con aulas taller onde poder realizar formación ou actividades prácticas, aulas de formación nas que se levan a cabo actividades e cursos durante todo o ano, así como aulas de formación específicas para as prácticas de atención sociosanitaria ou axuda no fogar, cociña e café bar.

Unhas instalacións completas que permiten o contacto constante entre as persoas que cursan formación e as empresas que se sitúa no Polígono Industrial, o motor empresarial do municipio.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *