Espazos de traballo colaborativo da rede provincial en Boiro.
No mundo do emprendemento, cada vez máis en auxe nos nosos días, vemos como as ideas innovadoras compiten entre si para destacar e prosperar. Neste marco, no da diferenciación de produtos e servizos, a comunicación xoga un papel fundamental, establecéndose como unha poderosa ferramenta para o éxito. Dende o nacemento dun produto ou idea ata a consolidación do mesmo, para captar a atención de potenciais clientes ou inversores é esencial comunicar dunha maneira efectiva para crear unha marca sólida e memorable.
Nun mercado cada vez máis saturado de produtos e ideas innovadoras, a capacidade de comunicar a os elementos diferenciadores da empresa é fundamental para destacar e captar a atención do público obxectivo. Deste xeito, unha comunicación efectiva non implica so transmitir e dar a coñecer as características ou beneficios dun produto ou servizo, tamén é importante contar historias que axuden aos potenciais clientes a conectar emocionalmente co produto ou servizo que a nosa empresa ofrece, de maneira que poidamos impulsar a demanda e lograr unha lealtade por parte dos clientes que lles faga escoller o noso produto ou servizo antes que todos os demais que oferta o mercado.
Chaves para a comunicación eficiente.
Para comunicar de maneira eficiente o noso produto ou servizo, dalo a coñecer entre a nosa audiencia e acadar os obxectivos empresariais fixados é convite seguir unha serie de pautas que nos axuden a desenvolver unha estratexia de comunicación que responda aos nosos obxectivos empresariais:
Coñece túa audiencia e aos potenciais clientes: antes de deseñar calquera estratexia de comunicación hai que saber a quen nos queremos dirixir, cales son os seus intereses e establecer as formas nas que podemos chegar a eles. Hai que definir a nos audiencia en función das súas necesidades, o seu comportamento e as súas preferencias de comunicación.
Define uns obxectivos claros: toda estratexia de comunicación debe ter un fin, uns obxectivos que deben ser, ademais de realistas, medibles. Os obxectivos van depender do tipo de produto ou servizo que ofrecemos e tamén do momento no que se atope a nosa empresa e poden ir dende dar a coñecer a nosa marca, aumentar as ventas ou gañar relevancia no mercado fronte aos nosos principais competidores.
Identifica as fortalezas da túa marca: para lograr a diferenciación do noso produto ou servizo de todos os demais que ofrece o mercado debemos coñecer que pode ofrecer a nosa marca e que todas as demais non poden. Identificar os puntos clave que nos distinguen da competencia para centrarnos neles á hora de deseñar e nosa estratexia de comunicación.
Establece as canles adecuadas de comunicación: unha vez que definimos a nosa audiencia obxectiva e coñecemos cales son os seus intereses e como se comporta, teremos a información suficiente para saber a través de que canles nos podemos dirixir a eles. Hai infinitas posibilidades, dende a publicidade convencional, a publicidade en liña, redes sociais, marketing por correo electrónico, eventos presenciais, etc. É importante adaptar as mensaxes, non so aos intereses da nosa audiencia, senón tamén ás canles que imos empregar.
Define a túa mensaxe: unha vez temos as claves de como debemos comunicar e a quen nos diriximos, é o momento de construír a nosa mensaxe. Esta mensaxe debe adaptarse ás distintas plataformas que imos empregar e debe chegar á nosa audiencia potencial, de maneira que debe ser unha mensaxe que transmita de forma clara a aqueles puntos diferenciadores do noso produto ou servizo e que conecte coas necesidades do noso público obxectivo. Para axudarnos a chegar á nosa audiencia dunha forma máis sinxela podemos empregar o storytelling, contar historias que ilustren como o noso produto ou servizo pode mellorar as súas vidas e así conectar emocionalmente cos nosos potenciais clientes.
Analiza os resultados e reaxusta: unha vez que lanzamos a nosa primeira campaña de comunicación temos que analizar os resultados de forma periódica para saber se estamos cumprindo os obxectivos que nos marcamos. Os datos da análise vannos permitir coñecer en que falla e que cousas podemos cambiar para chegar á nosa audiencia e que a comunicación que facemos sexa efectiva, é dicir, que con ela se consigan os obxectivos da empresa.
Adapta a mensaxe e mantén unha evolución constante: os mercados cambian; igual que o fai a nosa audiencia, os seus intereses e tamén a forma que teñen de comunicarse. A estratexia de comunicación dunha empresa debe estar en constante evolución para adaptarse ás necesidades do mercado e tamén as demandas dos nosos clientes e potenciais clientes. Igual que os produtos ou servizos cambian e se adaptan aos novos tempos e ás novas necesidades, tamén se debe cambiar a estratexia de comunicación para seguir sendo competitivos.
A comunicación estratéxica desempeña un papel fundamental no éxito do emprendemento e dos negocios emerxentes á hora de darse a coñecer e acadar os obxectivos empresariais. Nun entorno que se caracteriza pola innovación e a rápida evolución, a habilidade para transmitir ideas é case fundamental para darse a coñecer e prosperar. A comunicación efectiva é unha das claves do éxito dos negocios emerxentes e recoñecer a súa importancia e dedicar os recursos necesarios para desenvolver esta habilidade pode marcar a diferencia nun entorno competitivo.