
Espazos de traballo colaborativo da rede provincial en As Pontes.
O pasado día 28 de Febreiro celebramos un almorzo empresarial sobre o financiamento dos proxectos empresariais, e a importancia de contar con asesoramento especializado que permita as persoas emprendedoras entender a súas finanzas.
Na primeira parte da xornada centramos nos aspectos fundamentais a ter en conta para tomar certas decisións financeiras, como por exemplo:
- Ter un plan de empresa ben definido e co maior detalle posible
- Ter una formación básica sobre financiamento
- Tomar decisións sobre as finanzas entendendo a contabilidade da empresa
- Ter clara a finalidade de para que necesitamos o financiamento
- Coñecer as distintas fontes de financiamento que existen
A eficiencia financieira
A partir de estas premisas, poderemos establecer os obxectivos que deben ter as persoas emprendedoras en relación a parte financeira dos seus negocios, como poden ser:
1. Manter a solvencia da empresa evitando a quebra e garantindo que haxa diñeiro suficiente para seguir operando.
2. Maximizar a rendibilidade fixando o prezo axeitado para os produtos e servizos existentes, interrompendo a comercialización daqueles que non son rendibles e avaliando o beneficio potencial que puidesen xerar os novos.
3. Minimizar os custos supervisando os desembolsos e buscando formas de reducir os gastos xerais.
4. Garantir un retorno do investimento (ROI) adecuado para os capitalistas de risco, os accionistas e outros investidores.
5. Obter capital atraendo máis investimento a través dun ROI positivo.
6. Desenvolver previsións de caixa para garantir que a organización dispoña de efectivo suficiente, non só para operar, senón para investir no seu propio crecemento.

A figura do asesor
O asesor financeiro é unha persoa que ofrece orientación e asesoramento en materia financeira, axudando aos seus clientes a tomar decisións sobre a xestión dos seus recursos financeiros. Ë unha persoa que asesora sobre a rendibilidade económico/financeira da empresa.
As súas funcións principais son:
- Elaboración da contabilidade comercial.
- Análise da situación financeira e operativa.
- Elaboración das estratexias de investimento e aforro.
