A dixitalización como ferramenta fundamental no teu plan de negocio

Espazo de coworking ubicado no Concello de Santiago de Compostela.

Dende o Coworking dixital Compostela queremos falar de emprendemento dixital, xa que é, na nosa experiencia, unha ferramenta fundamental nun plan de negocio exitoso e sostible no tempo.

Cando falamos de dixitalización en emprendemento referímonos ao proceso de integrar teconoloxías dixitais en toda as áreas dun negocio, dende a produción ata a comercialización, pasando pola xestión e a comunicación. Isto implica o uso de plataformas online, análise de datos, redes sociais, software… e outras ferramentas que melloren a eficacia, a produtividade e a competitivade dunha empresa.

Mais, porque é tan importante dixitalizarnos cando estamos a emprender?

As ferramentas dixitais

Primeiro por unha cuestión de eficacia operativa, as ferramentas dixitais automatizan moitos procesos, reducen custes e melloran a nosa eficiencia en moitas (senón todas) as áreas do noso emprendemento.

Segundo, permítennos ter un alcance global chegando a audiencias maiores grazas á venda online e ás redes sociais; eliminando as barreiras xeográficas e ampliando o noso mercado potencial.

Terceiro, e moi unido con este segundo punto, porque nos dan información do noso cliente grazas ás ferramentas de análise de datos. Podemos coñecer as súas preferencias, anticipar o seu comportamento, podendo personalizar os nosos produtos ou servizos para satisfacer mellor as súas necesidades ou demandas.

E por último, a dixitalización axúdanos a ter unha innovación continua xa que facilita a colaboración, a experimentación e a adaptación aos rápidos cambios do mercado.

No Coworking dixital Compostela temos actividades formativas e mentorías personalizadas para axudar a emprendedores e PEMES no seu proceso de dixitalización, pero grosso modo estes serían os pasos para integrar a dixitalización no teu plan de negocio:

1.Investigar as tendencias na industria onde formulas facer o teu emprendemento e analizar como outras empresas están a utilizar a tecnoloxía de forma exitosa.
2.Identificar áreas de mellora nos procesos do teu negocio para implementares a dixitalización nos eidos que sexan necesarios: xestión de inventario, marketing, atención ao cliente…
3.Seleccionar as ferramentas axeitadas que se adapten mellor as necesidades e obxectivos do teu negocio.
4.Capacitar ao teu equipo no uso das novas tecnoloxías elixidas para aproveitar ao máximo os seus beneficios. Que sentido tería se non?
5.Non te acomodes! A dixitalización é un proceso constante, sempre poden aparecer melloras e tecnoloxías emerxentes que se adapten á túa estratexia dixital que dean solución a outra necesidade. Estar atento e ter vontade de mellorar constantemente é sinónimo de éxito.

As iniciativas da Cámara

Lembra que no Coworking Dixital Compostela, unha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, financiada a través da Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio, do Concello de Santiago e da Deputación Provincial da Coruña, impulsamos a dixitalización de máis de 350 empresas.

Ofrecemos servizos dixitais personalizados, incluíndo asesoramento integral e puntual para a dixitalización de empresas, así como incubación e aceleración de proxectos en diferentes sectores. Os servizos adáptanse ás necesidades específicas de cada negocio, brindando un acompañamento experto en cada fase do proceso de transformación dixital.

Formamos parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo e ofrecemos un espazo coworking na Cámara de Comercio de Santiago con tecnoloxía de vangarda e programas de acompañamento, incubación e aceleración de empresas, xunto cunha axenda anual de máis de 40 actividades.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *