O cooperativismo como forma de emprendemento e autoemprego

Espazo de coworking ubicado no Concello de Boiro.

O coorperativismo é un movemento social que define a cooperación dos seus membros no ámbito económico e social como un medio para lograr obter uns maiores beneficios.

É por iso que o cooperativismo está a gañar cada vez máis peso á hora de emprender un negocio por persoas que teñen a vocación de traballo en equipo. O emprendemento cooperativista presentase como unha alternativa innovadora que fusiona a iniciativa individual coa colaboración colectiva.

As cooperativas son organizacións voluntarias abertas e os seus membros son os que participan activamente nas políticas de empresa e toma de decisións e todos teñen igual dereito de voto.

Todas as persoas integrantes da cooperativa contribúen de maneira equitativa e controlan o capital da empresa, de maneira que se trata de empresas compostas por xente que, de forma conxunta, pon en marcha un proxecto.

Vantaxes de formar unha cooperativa

  1. A colaboración e o apoio mutuo contribúen a unha maior resiliencia das empresas, xa que os membros comparten riscos e responsabilidades.
  2. As cooperativas acostuman levar a cabo prácticas empresariais sostibles, xa que a toma de decisións considera o impacto a longo prazo na comunidade e o medio ambiente.
  3. A diversidade de habilidades e perspectivas entre os membros axuda a impulsar a innovación e a creatividade no desenvolvemento de produtos ou servizos.
  4. O emprendemento cooperativista promove a equidade económica e social ao asegurar que todos os membros se benefician de maneira xusta dos éxitos da empresa.

O cooperativismo en LABBarbanza

O espazo coworking LabBarbanza atópase nun centro multidiscipliar que congrega proxectos empresarias e emprendedores con accións formativas que permite crear sinerxías entre formación e emprego.

O modelo de cooperativa é o preferido dos coworkers do LabBarbanza, con casos de éxito de persoas que sacaron adiante o seu proxecto empresarial conxunto en forma de cooperativa logo de levar a cabo accións formativas no propio centro.

O emprendemento cooperativista representa un modelo empresarial que vai moito máis alá do beneficio individual, dando prioridade á colaboración, a igualdade e a sostibilidade.

Fusionar a esencia emprendedora cos principios cooperativistas favorece que as empresas, ademais de buscar o éxito económico, contribúan ao benestar da comunidade e o desenvolvemento sostible.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *