O Coworking da Pobra e a educación para o emprendemento

Espazo de coworking ubicado no Concello da Pobra do Caramiñal.

O Coworking da Pobra ofrece moito máis que un espazo para que as persoas emprendedoras poidan establecer alí o seu posto de traballo para iniciar unha actividade empresarial.

De feito, a maioría das persoas que reciben ou recibiron asesoramento, non necesitaban facer uso do espazo, senón apoio para avaliar a viabilidade dunha idea de negocio.

Durante estes anos, decatámonos de que o verdadeiro obxectivo do Coworking era o de converterse nunha entidade de referencia para as persoas emprendedoras que non sempre teñen claro onde acudir cando precisan de asesoramento sobre autoemprego.

Esta falta de coñecemento sobre a estratexia a seguir e os pasos a dar antes de decidirse a emprender, levounos a deseñar distintas accións que serviran para, por unha banda, comunicar a importancia do servizo de asesoramento gratuíto que se presta no Coworking, e por outra banda organizar accións formativas dirixidas á poboación local, co obxectivo de que as persoas participantes poidan converterse en altofalantes para a comunicación dos servizos que se ofrecen dende o Coworking da Pobra.

No post anterior falamos do Campus de emprendemento dirixido a mulleres, para estimular o espírito emprendedor, reforzar a súa autoestima e dar a coñecer referentes de empresarias na comarca organizando unha xornada de visitas ao Coworking e ás empresas seleccionadas para participar nesta experiencia formativa.

A partir do éxito dos Campus, definimos un segundo obxectivo que sería o de converter ao Coworking da Pobra nunha entidade de referencia para a formación no ámbito do emprendemento, e decidimos centrarnos no alumnado e profesorado de centros educativos da comarca.

O Coworking da Pobra, un espazo para aprender xogando a emprender

Aínda que é de reducido tamaño, o deseño das instalacións do Coworking da Pobra permitiunos aproveitar a versatilidade que ofrecen os distintos espazos para propoñer unha formación innovadora onde eses espazos xogaran un papel importante.

Con este enfoque pretendemos estimular a creatividade e o traballo en equipopara resolver os distintos retos nunha xincana deseñada especificamente para o Coworking da Pobra, que sen dúbida será de utilidade para a vida real se algunha persoa do grupo decide emprender no futuro.

O Coworking da Pobra, un espazo para aprender xogando a emprender

Aínda que é de reducido tamaño, o deseño das instalacións do Coworking da Pobra permitiunos aproveitar a versatilidade que ofrecen os distintos espazos para propoñer unha formación innovadora onde eses espazos xogaran un papel importante.

Con este enfoque pretendemos estimular a creatividade e o traballo en equipopara resolver os distintos retos nunha xincana deseñada especificamente para o Coworking da Pobra, que sen dúbida será de utilidade para a vida real se algunha persoa do grupo decide emprender no futuro.

Reto 1: Identificar ideas de negocio susceptibles de ser implantadas na Pobra.

Recollida e exposición de ideas de negocio

Reto 2: Defensa das ideas individualmente e por grupos, ata seleccionar a idea gañadora.

Defensa das ideas de negocio

Reto 3:Organizar os grupos, que funcionarán como pezas dun quebracabezas. Cada peza representa unha parte do CANVAS, ferramenta que utilizamos para avaliar a idea de negocio seleccionada no Reto 2, polo que hai unha secuencia para definir a estratexia de cada peza, tendo en conta as anteriores.

Traballando sobre a estratexia

Reto 4:Defensa das estratexias de cada grupo segundo a peza do CANVAS sobre a que estivo traballando.

Defensa da estratexia correspondente a cada peza do CANVAS

Tanto na xincana de emprendemento como nas visitas que se fan ao Coworking, procuramos contar con algunha das persoas usuarias, con quen preparamos o discurso a transmitir en función do perfil do grupo, dos temas que interese tratar, ideas preconcibidas a cuestionar, etc. Para decidir o enfoque das charlas, contamos coa colaboración e achegas que nos poida facer o profesorado participante.

Participación de distintos Coworkers nas xornadas formativas

Esta é a experiencia que dende o Coworking da Pobra queremos compartir con outros espazos colaborativos interesados en coñecer como organizar xincanas de emprendemento aproveitando os espazos.

Dado o interese dos centros educativos que están contactando co Coworking para repetir a experiencia con novos grupos, en 2024 temos previsto organizar xornadas similares en colaboración con outros coworkings da comarca.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *