A Fusquenlla como motor do emprendemento agroalimentario

Centro de Transformación Agroalimentaria dos municipios de Moeche, San Sadurniño, Cerdido, Valdoviño, Narón, Cedeira e As Pontes

1. A Fusquenlla co emprendemento empresarial

O obxectivo máis salientable da Fusquenlla dentro do espazo da Rede Provincial de Espazos de Traballo é o de ter unha ampla repercusión socioeconómica real e sostible mediante a posta en valor de produtos do territorio de calidade mediante a súa transformación. De forma paulatina está a chamar a atención de xente do entorno empresarial que está a ver un nicho de negocio neste tipo de produtos transformados.

No concello das Pontes atópase a firma Bieiteiras que é un proxecto de horta ecolóxica liderado por Cynthia Arias e Iván Ledo.  Con excedentes da súa produción veñen de lanzar novos produtos transformados na Fusquenlla: unha liña de conservas e zumes naturais. A resposta destes produtos no mercado está a ser moi satisfactoria.

Na actualidade Bieiteiras está a comercializar zume de mazá; tomate confitado; marmelada de tomate, amorodo, pexegos e mazá; tomate frito e ketchup. A empresa está en continuo proceso de mellora e seguen a traballar para intentar comercializar novos produtos, buscando variedades específicas para transformar e, de aí que estean a colaborar con diferentes persoas do eido da labranza, creando novas receitas. A Fusquenlla, como espazo da Rede Provincial de Espazos de Traballo, está a xogar un papel esencial nesta colaboración entre persoas que queren innovar e emprender proxectos vinculados aos produtos do territorio, proporcionándolles un valor engadido.

Pode atopar máis información sobre Bieteiras na súa páxina de facebook: https://www.facebook.com/bieiteiras/?locale=es_ES

Na actualidade hai outras marcas que están a elaborar os seus produtos na Fusquenlla, como son Ay Carmen e Lúa de Dexo, e outro tanto están en fase de emprendemento, na procura de crear a súa marca propia.

2. Investigando e innovando

Un dos principais obxectivos da Fusquenlla é o de investigar e innovar na transformación dos produtos chegan ás súas instalacións. Se ben, por unha parte, se procura unha intervención mínima do ser humano no produto que chega ata A Fusquenlla, por outra parte, a optimización dos recursos mediante a innovación dos procesos de transformación. Esta tarefa de investigación procura enfocar con máis garantías a súa posible comercialización partindo dunha produción sostible con produtos de alta calidade e respetuosa co medio ambiente.

A principios do pasado mes de novembro un pequeno grupo de coworkers da Fusquenlla comezaron un proceso de investigación no que realizaron un estudo do potencial produtivo, do sabor e da texturas para facer marmelos, marmeladas, zumes e desecacións de mazás. As froitas empregadas nesta tarefas de investigación foron variedades de carácter autóctono como son as Príncipe, Príncipe de Soaserra, Ollo Mouro e Sangue de Touro.

Os resultados obtidos desta investigación estarán a disposición dos coworkers produtores e produtoras de mazá para que poidan aplicar esta información á transformación das súas froitas. A medida que se vaian realizando novas investigacións poderase avanzar hacia unha maior profesionalización deste tipo de produción.

Youtube – Horta froiteira Carlos Fornos: https://www.youtube.com/watch?v=PcyXXg4Dxzo

Foto: produtores e produtoras que apañaron as mazás da horta de conservación “Carlos Fornos de San Sadurniño”

3. Os produtos da Fusquenlla protagonizan as cestas de Nadal

O Concello de San Sadurniño levou a cabo dúas iniciativas que permitiron que os produtos da Fusquenlla foran o produto estrela na cestas de Nadal.

En primeiro lugar, este Concello levou a cabo unha campaña de consumo en establecementos do municipio coñecida como “Polo Nadal, consumo local” que tiña como finalidade fidelizar clientela e poñer en valor a calidade tanto dos produtos como da atención que ofrecen os establecementos de San Sadurniño. Con cada compra feita nos establecementos adheridos entre o 1 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024 a xente recibiu unha rifa para entrar nun sorteo, realizado o pasado 10 de xaneiro de 2024, de cestas de produtos galegos e de proximidade. Entre estes produtos destacaron como protagonistas produtos elaborados e etiquetados na Fusquenlla.

Fotos da cesta dos productos de Nadal de San Sadurniño.

Os produtos incorporados foron: zume de mazá e tomate confeitado elaborados por “Bieiteiras”, xunto con delicias de pemento da firma “Ay Carmen!”, que tamén está sacando preparados das instalacións de Moeche a partir dos seus propios cultivos.

4. Novas incorporacións á Fusquenlla: Cedeira, Narón e As Pontes

A Fusquenlla estase a consolidar na comarca de Ferrol como unha iniciativa que aposta polo emprendemento nun sector primario de calidade, de proximidade e sostible. Este proxecto, que se materializou no 2018 grazas a implicación de catro concellos da comarca: Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño. Actualmente estase a tramitar a redacción dun novo convenio de colaboración onde se suman os concellos de As Pontes, Cedeira e Narón.

5. Conexión importante coa comercialización

O obxectivo máis salientable da Fusquenlla é o de ter unha ampla repercusión socioeconómica real e sostible mediante a posta en valor de produtos do territorio de calidade mediante a súa transformación.

Eduardo Martínez Felgar e a súa muller, promotores da marca comercial Semente Negra, están implicados no potencial da comercialización de mazá da comarca de Ortegal transformada. Nesta fase de emprendemento no sector primario estiveron realizando probas de transformación das variedades autóctonas de mazá Príncipe e Ollo Mouro na Fusquenlla. Este esforzo por analizar a pontecialidade da transformación cristalizou na elaboración de zume e marmelada destas variedades autóctonas, estes produtos xa fixeron unha primeira incursión no comedor da factoría Inditex en Arteixo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *