Espazo de coworking ubicado no Concello de Oleiros, especializado nos sectores de Arquitectura, Urbanismo e Empresas de Base Tecnolóxica.
Introdución
Con frecuencia, ao pensar nas vantaxes de emprender, os primeiros conceptos que nos veñen á cabeza estean relacionados co beneficio ou crecemento persoal. Sen embargo, a realidade é que un proxecto desta índole pode ser tan beneficioso para o emprendedor como para a comunidade na que se desenvolve. E é que estas iniciativas, que polo xeral aportan solucións innovadoras das que o ambiente carece, tamén crean oportunidades para o desenvolvemento social e comunitario.
Neste artigo, mergullarémonos na relación entre o emprendemento a nivel local e a sustentabilidade, explorando en profundidade as vantaxes que esta actividade pode aportar ao medio no que nace e no que medra.
Prosperidade das comunidades
Por definición, o emprender contribúe á creación de empregos na comunidade na que acontece. Incluso nos proxectos unipersoais, o feito de que unha persoa estea a adicar tempo, traballo e outros recursos a impulsar o seu proxecto da vida á comunidade, que grazas a individuos activos nela, prospera.
Esta é unha das razóns polas que tantas iniciativas de asistencia ou axuda a emprendedores están tan focalizadas en axudar a aquelas novas empresas que plantan a súa sede en ambientes rurais. A aparición destes emprendementos reactiva a economía no lugar, de forma que, directa ou indirectamente, novas oportunidades laborais aparecen. Isto non só dinamiza a economía local, senón calidade de vida dos residentes: o emprender crea oportunidades que a propia comunidade pode aproveitar para enriquecerse.
Fomento da economía circular
Precisamente nesta liña, cabe mencionar que os negocios desta índole tenden a ter unha conexión máis forte coa economía local e ser partícipes do que chamamos economía circular. Este modelo de produción e consumo implica o uso de recursos de proximidade, pero tamén insiste na importancia de reutilizar e dar novos usos aos elementos xa existentes, creando un valor engadido. De esta forma, o ciclo de vida dos produtos se estende.
Cando a orixe dos recursos empregados na actividade do proxecto é local, non só se ve potenciada a economía da zona, como mencionábamos anteriormente, senón que o impacto medioambiental do emprendemento tamén é menor, pois a necesidade de transporte destes vese minimizada.
Reforzo da identidade
A miúdo, cando vemos citadas as vantaxes de ariscar cun novo proxecto, atopamos que a meirande parte delas argumentan beneficio económico ou plenitude persoal. Sen embargo, a realidade é que este tipo de iniciativas van moito máis alá. Como dicíamos, e repetímolo para compensar todas as veces que este efecto é omitido, a propia comunidade na que a idea se implanta vese reforzada. Anteriormente, pecando nós mesmos do que estamos a criticar, resaltamos como o emprendemento afecta positivamente á actividade laboral do entorno e novas oportunidades aparecen derivadas deste.
Sen embargo, os negocios locais non só crean emprego, senón que tamén contribúen a fortalecer a riqueza cultural da comunidade. Ao resaltar produtos, artesanía e alimentos locais, os emprendedores poden preservar e fortalecer a identidade cultural da rexión na que se localizan. Isto fomenta o orgullo comunitario, e polo tanto, fortalece a cohesión social.
Fomento da innovación sustentable
Tampouco podemos esquecer a forma en que o emprendemento a nivel local da lugar ao espazo propicio para a innovación sustentable. Incluso pode acontecer que esta non sexa a misión principal do proxecto, e sen embargo, colateralmente se adiquen recursos á innovación en áreas que eventualmente favorecerán á vida na comunidade.
É cada vez máis frecuente que os emprendedores co foco posto na innovación busquen aloxarse preto dos lugares cuxos problemas pretenden resolver. Acostumados a que as empresas máis tecnolóxicas se localicen no centro das grandes cidades, este cambio nas tendencias é inmensamente beneficioso para os ambientes rurais. Frente á idea obsoleta das grandes oficinas na metrópole, os novos empresarios prefiren conectar de cerca e persoalmente coa comunidade.
Así, vemos como a dirección pola que se desenvolve o proxecto se adapta ás propias necesidades e desafíos da xente. Deste modo, os emprendedores poden desenvolver solucións específicas e innovadoras para problemas ambientais e sociais locais.
No mellor dos casos, un emprendemento exitoso sirve ademais como reclamo para que outros fagan desa mesma zona a súa sede. A aparición de varias entidades pertencentes ao mesmo sector chega a converter determinadas zonas en puntos de referencia para a innovación ou produción dese determinado sector empresarial.
Redución da dependencia exterior
Ao potenciar mediante distintas iniciativas a actividade económica e reactivar a social, a consecuencia normal é que esta comunidade poida reducir considerablemente a súa dependencia de produtos e servizos externos. Isto non só crea resiliencia económica, senón tamén reduce os impactos negativos do transporte de longa distancia e promove unha maior autonomía. Este factor, que, de novo, desde o punto de vista económico e incluso desde o medioambiental é estupendo por si mesmo, está estritamente ligado a ese sentimento de orgullo e fortalecemento da identidade que xa mencionamos.
Conclusión
O emprendemento local xoga un papel fundamental no avance sustentable das nosas comunidades. Creando empregos, fomentando a economía circular, reforzando a identidade cultural e impulsando a innovación, os emprendedores locais poden xerar un impacto duradeiro e positivo no seu medio. O seu compromiso coa rexión non só mellora a vida das persoas, senón tamén a saúde do noso planeta.