O Green Coworking nace co obxectivo de potenciar a creación de proxectos empresariais relacionados coa enerxía renovable este sector de actividade nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, así como propiciar a aparición de sinerxias e colaboracións entre as empresas do sector.
Cara un futuro sustentado en enerxías renovables
Nos últimos anos vimos como a industria foi mudando a súa concepción á hora de producir e transformar os seus produtos. Nunha época na que as fontes de enerxía tradicionais elevaron os seus prezos provocando unha grave crise de oferta nos diferentes mercados, as empresas tiveron que adaptarse e lanzarse o sector das enerxías renovables. A vantaxe competitiva está na autosuficiencia enerxética e na posibilidade de adquirir enerxía renovable a prezos asumibles.
Por iso a enerxía renovable convertese no factor clave para desenvolver o sector industrial. Dende o GREEN COWORKING fomentamos todas aquelas iniciativas relacionadas coas enerxías renovables e o hidróxeno, e propiciamos a aparición de sinerxías e colaboracións entre as empresas aquí instaladas.
As perspectivas da provincia da Coruña en relación coa instalación de proxectos tractores de hidróxeno verde, biometano, amoníaco verde, enerxía eólica son moi boas. Estas iniciativas transformarán a industria da nosa contorna, e permitirán crecer e avanzar as pequenas e medianas empresas xa existentes.
O Green Coworking
No espazo colaborativo Green Coworking conviven a día de hoxe, once proxectos relacionados coas enerxías renovables e o hidróxeno, iniciativas que darán soporte a estes grandes proxectos. No noso coworking atoparás un espazo diáfano de oficinas de 196 m 2 , ademais contamos cun locutorio, unha sala de videoconferencias, un office e unha zona de descanso.
Pero o verdadeiro contido de valor do noso espazo está nas actividades que se poñen ao dispor das empresas usuarias, como son:
- Servizo de asesoramento e consultaría en materia de axudas públicas, especialmente axudas europeas.
- Servizo de asesoramento xurídico a través dun bufete de Avogados con dilatada experiencia.
- Organización de eventos networkings, para poñer en contacto as empresas.
- Realización de charlas informativas sobre a actualidade das enerxías renovables e o hidróxeno.
Cabe destacar, que neste proxecto tamén colaboran os principais Clúster e asociacións galegas, relacionadas coas enerxías renovables e ou hidróxeno, como son CLUERGAL, ASIME, VIRATEC, a Asociación Galega do Hidróxeno, etc.
En definitiva, un espazo que actúa como centro neurálxico, onde se promove a aparición de novas iniciativas relacionadas coas enerxías renovables e o hidróxeno.