Por que un coworking para emprender e comezar o teu proxecto empresarial?

Espazo de coworking ubicado no Concello de Oleiros, especializado nos sectores de Arquitectura, Urbanismo e Empresas de Base Tecnolóxica.

No mundo empresarial actual, moitas persoas emprendedoras optan por comezar o seu proxecto en espazos de coworking e non nunha oficina tradicional. Isto débese a que o coworking ofrece unha maneira innovadora de traballar onde diferentes profesionais comparten un espazo colaborativo. Neste artigo exploraremos que é o coworking e como beneficia ás persoas que buscan emprender e están abríndose paso no mundo empresarial.

coworking pazo de arenaza

Que é o coworking?

O coworking defínese como unha forma de traballo na cal profesionais de diferentes sectores comparten un espazo físico. Trátase dun ambiente colaborativo onde as persoas emprendedoras poden traballar de forma independente, pero tamén teñen a oportunidade de interactuar e colaborar con outros profesionais. Estos espazos están equipados con salas de reunións, escritorios, cadeiras e demais instalacións para poder desenvolver proxectos empresariais comodamente.

A maiores do espazo físico, un coworking ofrece moitos máis servizos adicionais; isto pode incluir o acceso a internet de alta velocidade, servizo de impresión e escaneo e recepción de correo entre outros. Algúns espazos de coworking tamén teñen programas de actividades e eventos para os seus membros, o que brinda aínda máis oportunidades de networking e aprendizaxe.

coworking para emprendedores coruña

Cales son os beneficios dun coworking para unha persoa que quere emprender?

1. Flexibilidade

En relación ao horario de traballo, un coworking ofrece moita liberdade xa que soen estar abertos as 24 horas do día, o que permite ás persoas emprendedoras traballar no momento  que mellor se adapte ás súas necesidades e no que se sintan máis produtivos. Esta flexibilidade é especialmente importante para aqueles que están empezando un proxecto empresarial e necesitan dedicar moito tempo e esforzo nesta primeira etapa.

Un espazo de coworking non só brinda flexibilidade en canto a horario de traballo, senón que tamén ofrece a posibilidade de elexir os plans ou bonos que mellor se adapten á túa economía e necesidades.

2. Sinerxias profesionais

Un dos principais beneficios dun coworking é a posibilidade de establecer unha rede de contactos. Isto pode abrir portas e oportunidades de negocio que non están tan presentes traballando por conta allea. Ao compartir o espazo e coñecer diferentes profesionais, pódense xerar novas ideas e solucións innovadoras que permiten ás persoas emprendedoras superar desafíos e alcanzar as súas metas de maneira máis efectiva.

3. Entorno inspirador e colaborativo

Ao compartir espazo con outras persoas que están emprendendo, créase un ambiente estimulante onde se poden compartir ideas, obter retroalimentación e aprender das experiencias dos demais. Este intercambio de coñecementos pode mellorar a creatividade e produtividade, convertíndose nunha das maiores diferenzas en comparación con traballar dende casa, xa que evitas as distraccións comúns do fogar.

4. Redución de custos

Este é un aspecto esencial para calquera persoa que está comezando a crear unha empresa. As tarifas dun coworking varían dependendo da localización e os servizos ofertados, pero moitos deles dan a posibilidade de alugar un posto por horas e ofrecen diferentes tarifas para atopar a que mellor se adapte a ti. Ademais destas tarifas reducidas e flexibles, os espazos de coworking contan con servizo de limpeza, internet, luz e auga entre outros que xa van incluidos no prezo. No caso de moitos coworkings da Rede, estes son espazos gratuitos e con tarifas reducidas ao tratarse de centros públicos.

5. Actividades e eventos

Os coworkings adoitan ofrecer actividades e eventos para os seus membros, como charlas, talleres e mesas redondas. Estas actividades son unha excelente forma de conectarse con outros profesionais e ampliar a túa rede de contactos. Ademais, tamén podes participar en eventos organizados polo coworking ou incluso organizar un evento ti mesmo para promover o teu negocio.

Por todas estas razóns, o coworking pode ser o espazo que precisas ao comezo do teu proxecto. E ti, pensaches en utilizar un espazo de coworking para o teu negocio? 

Na Rede Provincial de Espazos de Traballo pode que encontres un oco! Atopa o espazo máis cercano na listaxe da web.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *