Espazos de traballo colaborativo da rede provincial en Miño.
O novo Espazo
Dende o luns 4 de marzo de 2024 pódense presentar, a través da sede electrónica do Concello de Miño, as solicitudes para o uso dos espazos de traballo no Coworking Casa do Pescador que o Concello de Miño ten á súa disposición na rúa do Curro, concretamente no primeiro andar do edificio da Casa do Pescador.
O Coworking Casa do Pescador do Concello de Miño facilitaralles ás persoas usuarias a posibilidade de dispoñer dun espazo de traballo dotado dunha serie de servizos e infraestruturas comúns que, propiciando a relación con outras empresas e/ou profesionais nunha situación similar, melloren asposibilidades de crecemento, consolidación e éxito empresarial. Preferentemente estarán relacionadas cos ámbitosdo turismo, as novas tecnoloxías, a dixitalización e as profesións técnicas.
Así, recoñécense como fins xerais do CoworkingCasa do Pescador os seguintes:
- Impulsar a creación, posta en marcha e consolidación de empresas en Miño, preferentemente nos eidos do turismo, das novas tecnoloxías, da dixitalización e das profesións técnicas.
- Fomentar a cultura colaborativa e o traballo en común.
- Apoiar e asesorar as persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha do seu proxecto.
- Axudar no desenvolvemento empresarial para a consolidación das empresas.
- Cooperar con outras institucións que apoien a creación de empresas. Contribuír á diversificación da estrutura produtiva local e provincial, así como á xeración de emprego de calidade.
- Crear espazos para a reflexión, participación e cooperación de todos os actores locais, tanto públicos como privados, implicados na promoción económica e o desenvolvemento local.
- Fomentar a cultura emprendedora e a utilización de prácticas innovadoras nos diferentes ámbitos da vida.
- Establecerse como un punto de encontro de persoas emprendedoras e empresas.
- Colaborar no desenvolvemento de calquera acción que sirva aos fins anteriores.
Para conseguir estes fins, están dispoñibles un total de 12 módulos de traballo, ademais de salas de xuntas, oficinas individuais, parladoiro, aula deformación/eventos e zonas comúns como zona de descanso, zona de reprografía ou aseos.
Persoas emprendedoras
Aquelas persoas que ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian crear unha empresa. Este tipo de persoas usuarias considéranse en fase de preincubación.O prazo máximo de uso será de 12 meses, cunha posibilidade de prórroga automática de 6 meses, logo da solicitude xustificada do interesado/a.
Novas empresas
Aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a cinco anos de exercicio empresarial, contados desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de persoas beneficiarias considéranse en fase de incubación.O prazo máximo de duración será de 24 meses, cunha posibilidade de prórroga automática de 12 meses, logo da solicitude xustificada do interesado/a.
Persoas usuarias puntuais
Aquelas persoas físicas ou xurídicasque, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización dun posto de traballo ou a aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan. De xeito extraordinario serán persoas usuarias puntuais aquelas persoas traballadoras con domicilio en Miño que traballen a distancia e se incorporen ao banco de tempo.
As persoas interesadas deberán presentar o correspondente impreso de solicitude e demais documentación establecida para a súa valoración a través da sede electrónica do Concello de Miño.
A Ordenanza municipal reguladora das instrucións de acceso ao espazo de traballo Coworking Casa do Pescador do Concello de Miño publicouse no Boletín Oficial da Provincia número 182, do 22 de setembro de 2023 e estará dispoñible tamén na páxina web do Concello.
Para máis información poden acudir á axente de emprego e desenvolvemento local ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: promocioneconomica.emprego@concellodemino.gal