Espazos de traballo colaborativo da rede provincial en A Pobra.
O novo Espazo
Ademais do espazo físico, o valor engadido do Coworking da Pobra é o servizo de apoio ás persoas usuarias, sendo aquelas que fan uso baixo a modalidade de preincubación, as que requiren de máis apoio, que non sempre está relacionado co uso do espazo físico.
Neste sentido, ademais do asesoramento individualizado para a avaliación da idea de negocio, o concello pode facilitar outro tipo de apoios específicos e adaptados ás necesidades, en coordinación con axentes locais, entidades e empresas que poidan achegar información de interese para as persoas emprendedoras, co obxectivo de crear unha “Rede solidaria de apoio ao emprendemento na Pobra”.
No marco desta rede de apoio, o obxectivo é organizar xuntanzas con grupos de persoas seleccionadas, co obxectivo de valorar unha idea de negocio, contrastar a necesidade e características do produto/servizo a ofrecer, establecer acordos comerciais, etc.
A organización desta rede ten un enfoque de innovación social,
Empresas amigas do Coworking da Pobra
Baixo este marco, está previsto realizar a primeira actividade de apoio a dúas emprendedoras que están na fase de preincubación e necesitan contar con estimacións reais dunha clientela potencialmente interesada nos servizos que queren ofrecer.
Estes servizos están dirixidos a aloxamentos turísticos da comarca, e para confirmar a necesidade de mercado, o papel do concello da Pobra é fundamental, na medida en que conta cunha base de datos dos aloxamentos do concello aos que poder convocar a unha xuntanza.
Esta será a primeira experiencia da rede solidaria de apoio ao emprendemento, onde responsables de aloxamentos turísticos poderán validar e orientar os servizos propostos por estas emprendedoras. Esta xornada de encontro permitirá dar a coñecer as necesidades, preferencias e aspectos a ter en conta no momento de deseñar, presentar, ofrecer ou poñer un prezo aos servizos que queren ofrecer.
Dado que o perfil de axentes locais convocados a esta xuntanza son empresas, poderíamos estar pensando nun programa concreto desta rede solidaria de apoio ao emprendemento,que sería a creación dunha rede de “empresas amigas do Coworking da Pobra”. A implicación das empresas na rede de apoio podería derivar a medio prazo nun selo ou certificado do concello da Pobra, que serviría para acreditar a RSE das empresas colaboradoras, creando así unha rede empresarial de mentorización e apoio ás persoas que se inician no mundo empresarial a través do Coworking da Pobra.
Esta primeira actividade servirá para orientar próximas actividades desta rede solidaria de apoio ao emprendemento, esperando que poidamos seguir dando conta e valorando as posibilidades de extrapolar a experiencia ao resto de espazos da Rede da Deputación da Coruña.