Ames AV LAB

Espazo A Proa: Sede principal do Ames AV LAB

Espazo de traballo público para mentes inquedas. Apoiamos iniciativas emprendedoras locais e a emprendedores nos seus primeiros pasos. Cooperamos cos coworkers para chegar antes a meta e aprender xuntos.

1. Ames AV Lab

O Concello de Ames, especialmente co apoio económico da Deputación da Coruña, está a consolidarse como un concello con alta especialización no sector audiovisual. Con grandes produtoras, empresas líderes en servizos, e estudios de gravación pioneiros en tecnoloxías polivalentes, o municipio está a emerxer como un epicentro de creatividade e innovación neste ámbito.

Este emocionante proxecto amesán, é un laboratorio que está a prepararse para ofrecer un servizo integral de xestión, coordinación, asesoramento, comunicación e difusión para transformar e avanzar cara á nova fronteira da produción audiovisual. Adaptándose  ás tendencias e demandas en constante evolución do consumidor.

O Ames AV Lab non só trata de reforzar o talento xa existente no ámbito audiovisual, senón que tamén está a traballar para nutrir unha nova xeración de profesionais con vocación innovadora. Este proxecto avanza cara un modelo de desenvolvemento sostible do audiovisual, alineado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), incluíndo igualdade de xénero, traballo decente e crecemento económico, innovación, dixitalización industrial e redución das desigualdades.

2. As instalacións

As instalacións do Espazo Colaborativo A Proa, localizadas no parque empresarial do Milladoiro, servirán como sede principal deste laboratorio pioneiro. O obxectivo é taménpromover a colaboración entre as iniciativas que xa están nas instalacións do Espazo A Proa, creando sinerxias e fomentando o crecemento dos proxectos.

O Ames AV Lab representa unha emocionante oportunidade para a innovación e o crecemento no sector audiovisual.

A tripulación do Espazo A Proa está moi entusiasmada por ver os impactantes proxectos e as colaboracións creativas que emerxerán deste laboratorio, e comprometémonos a promover unha cultura de colaboración e sostibilidade neste emocionante campo.

3. A creación audiovisual na Proa

Un dos proxectos que teñen a súa sede no Espazo A Proa, é SEREA Films, quen recementemente foi nomeada finalista na XXII Edición dos premios Mestre Mateo, na categoria de mellor documental.

Os espazos en branco, unha logametraxe en galego que explora os camiños da memoria, a traves dunha viaxe polo presente e o pasado.

Esta vindeira edición dos Mestre Mateo terá lugar o próximo 23 de marzo no Coliseum da Coruña.

Agardamos a mellor das sortes para o proxecto de SEREA films!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *